Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Estado de abandono do parque infantil de Río de Bois

Un grupo de pais e nais denuncian o ESTADO DE ABANDONO do parque infantil de Río de Bois (Samieira). Entre os problemas que enumeran figuran:

  1. A deterioración das instalacións infantís onde xogan os seus fillos/as.
  2. O mal estado doutros elementos arquitectónicos como os bancos.
  3. Foxos e fochas fronte ao tobogán.
  4. A sucidade do recinto e a falta acondicionamento da vexetación que o rodea. 
  5. O perigo da escaleira de acceso-saída ao parque que actualmente non ten peche ao desaparecer a cancela...

Os pais e nais transmitiron as súas queixas ás autoridades locais en máis dunha ocasión pero até o momento non tiveron éxito. Dende aquí demandamos que se actúe para mellorar esta contorna e os materiais lúdicos e se garanta un maior control e vixilancia dos lugares de xogo dos máis pequenos/as.


0 comentarios: