Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Denuncian a acumulación de lixo na praia do Caeiro


Diario de Pontevedra, 28.06.2013
Dende hai varios días os usuarios e usuarias da praia do Caeiro, en Samieira, comparten o areal cun monte de lixo. Envases, latas, botellas e unha morea de bolsas con restos de todo tipo ocupan gran parte da praia sen que ninguén se faga cargo da súa recollida.

Din as persoas que habitualmente utilizan este areal que o lixo leva acumulándose dende a noite de San Xoán e que a montaña é de tal magnitude que a pode ver todo o mundo dende a senda peonil que une O Covelo e O Laño. Na propia senda tamén hai restos e bolsas que, conforme explican, algún can podería ter ciscado, unha situación lamentable.

Por este motivo, os usuarios e usuarias denuncian o problema de salubridade do areal: "é unha vergoña, a praia chea de xente e parece un vertedoiro. Por aquí non pasan os servizos municipais". A praia do Caeiro é un areal familiar onde van moitos nenos e nenas e a 27 de xuño, engaden, "non hai nin papeleiras".

0 comentarios: