Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Un novo accidente no Laño alerta da falta de medidas de seguridade deste tramo da PO-308



Samieira volveu ser este martes o escenario dun novo accidente de tráfico, ao rexistrarse unha nova colisión na saída da curva do Laño, na PO-308. Un condutor foise da vía e impactou co muro exterior da vivenda de Eloy Díaz Artime e co xa célebre poste da luz situado ao seu carón. O coche quedou esnaquizado e ainda que o condutor chamou el mesmo aos servizos de emerxencia tivo que ser trasladado ao hospital polos múltiples traumatismos que presentaba.

Saídas de vía na zona: máis aló da coincidencia e a anécdota

O lugar do sinistro é un "punto negro non determinado" da estrada PO-308 no que xa se produciron varios accidentes. A coincidente sinistralidade non resulta atribuible, por regra xeral, as condicións climatolóxicas, ao condutor ou condutores, nin tampouco a un fallo do vehículo ou vehículos sinistrados. Con todo, até o momento non se adecuou a sinalización nin se estableceu no tramo ningunha outra medida preventiva ou de seguridade.

Fotografía: Nick - FdV


Os veciños e veciñas critican dende hai anos o mal trazado da curva, xa que entenden que a inercia leva aos automóbiles, en moitos casos, a pisar a liña continua, o que supón, ademáis, un perigo para ciclistas e peóns.

Novas relacionadas: LA VOZ DE GALICIA, 15.11.2011: "Dous coches impactan contra a mesma casa en menos de 15 horas".

0 comentarios: