Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Samieira acolle o vindeiro 31 de agosto a Primeira Marcha BTT Pedra Furada


Os/as maiores especialistas e apaixonados/as da mountain bike teñen unha cita o vindeiro 31 de agosto en Samieira, coa primeira edición da "MARCHA BTT PEDRA FURADA". A ruta, organizada polos equipos  "Ciclismo e Triatlon Monte Abaixo" e "Os Rachamontes BTT", dará o pistoletazo de saída ás 9:30 horas no campo de fútbol de Río de Bois.

En total serán 35 quilómetros de circuito de dificultade media no que terán especial protagonismo a parte técnica e a parte física para desfrute de deportistas e espectadores/as. Os/as participantes poderán demostrar a sua forza e pericia nas variadas subidas e baixadas do atractivo percorrido polos diferentes paraxes do montes de Samieira.

Detalles do circuito:

Hora de saída: 9.30 horas.
Lugar: Campo de fútbol de Río de Bois. Samieira.
Distancia: 35 quilómetros. 
Dificultade física e técnica: media. 

Inscrición:

Prezo: 6 euros. 
Data límite: 21 de agosto.


Seguindo a estela das probas programadas nos últimos anos, a organización espera atraer a un gran número de deportistas neste novo circuito BTT.

VII BTT Concello de Poio | Proba de BTT organizada en Samieira en 2013

MÁIS INFORMACIÓN:
C.T. MONTE ABAIXO
Tfnos. Contacto: 686 585 307-65
Correo electrónico: ctmonteabaixo@live.com
Facebook: http://facebook.com/c.t.monteabaixo.samieirapoio

OS RACHAMONTES BTT BIKER
Correo electrónico: os_rachamontes_btt@hotmail.com
Facebook: https://facebook.com/rachamontes.btt

0 comentarios: