Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

A 18ª Etapa da Volta percorrerá Samieira en dúas ocasións o vindeiro xoves 11 de setembro


O espectáculo da Volta volve a Samieira, por terceiro ano consecutivo, este xoves 11 de setembro. Os 157 quilómetros que compoñen a 18ª etapa (a só tres da final) inclúen un dobre percorrido polo pobo antes da chegada á meta no Monte Castrove.

Percorrido da 18ª Etapa: A Estrada-Monte Castrove (Meis)

Dúas ocasións nun día para contemplar o paso da rolda ciclista

O trazado deseñado para esta 18ª etapa da Volta 2014 dará comezo na Estrada ás 13.35 horas e finalizará, despois dun percorrido circular sobre o Monte Castrove, nas proximidades do campo de golf de Meis entre as 17.30 e as 17:52 horas (dependendo da velocidade).

En Samieira haberá dúas oportunidades para contemplar este evento deportivo:
  1. Na PO-308 (Avda. do Laño e Avda. do Covelo) ás 16:19 horas. O pelotón irá dirección Pontevedra.
  2. Na PO-303 e na PO-308 (Cmño/. da Coita, Estrada da Armenteira, Avda. Riodama, Empalme, Avda. do Covelo) ás 17.10 horas. O pelotón virá baixando da Armenteira, dirección Poio.

Detalles do trazado dende Sanxenxo até a meta no Monte Castrove

A organización prevé a chegada do pelotón a Sanxenxo sobre as 16.05 horas. De aí continuará pola costa (PO-308, dirección Pontevedra) e atravesará Raxó (16.14h) e Samieira (Avda. do Laño e Avda. do Covelo) aproximadamente sobre as 16.19 horas. Logo seguirá cara Combarro (16.22h), Poio (16.30h), Pontevedra (16.32h) Poio novamente (16.41h), subida á Escusa (16.46h) até o Alto do Monte Castrove (16.55h), onde pasará por primeira vez pola meta. Dende aí, dirixirase ao Busto (A Armenteira, 17.05h), e novamente a Samieira pola PO-303 (Cmño/. da Coita, Estrada da Armenteira, Avda. Riodama, Empalme, 17.10h), até enlazar outra vez coa PO-308 dirección Combarro (17.13h), San Xoán de Poio (17.16h), e iniciar a segunda ascensión ao Monte Castrove pola Escusa (17.19h) cara a meta no campo de golf onde se decidirá o gañador da etapa sobre as 5 e media da tarde.


A orquestra París de Noia porá o punto final festivo a esta etapa cun concerto no Campo da Feira de Mosteiro ás 22.00 horas.

Máis información:

Curiosidades:

0 comentarios: