Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Reanúdanse as clases na Escola Infantil de Tarrío despois da inundación do pasado xoves



As choivas torrenciais producidas por «Margit», a primeira cicloxénese explosiva do outono, foron as responsables de que o pasado xoves os/as nenos/as da Escola Infantil de Tarrío, en Samieira, tivesen que rematar a xornada lectiva inesperadamente antes de tempo.

A cantidade de litros por metro cadrado acumulados durante a mañá acabaron por inundar o baixo do centro escolar obrigando a intervir ao servizo municipal de Protección Civil e á Policía Local.

Tras entrar a auga no local foi necesario evacuar de urxencia aos/ás alumnos/as e suspender as clases por recomendación da Consellería de Educación.

A actividade normal do colexio recuperouse hoxe luns ainda que sen usar o baixo inundado por atoparse cheo de lodo. A responsable do centro, María Consuelo Jácome, agardaba esta mañá que os traballos de limpeza rematasen estes días para continuar co calendario escolar: "El resto de la semana si se realizan clases de inglés, motricidad, religión y audición de lenguaje en el bajo", indicaba.

O atasco dun sumidoiro pola forza da auga foi a orixe do problema segundo apuntaron fontes municipais.

0 comentarios: