Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

A 9ª edición do «Dúatlon Cros Concello de Poio» disputarase en Samieira o 22 de febreiro

VIII Dúatlon Cros Concello de Poio (2014) | Fotografía: Diego Torrado
O vindeiro domingo 22 de febreiro volve a Samieira o mellor dúatlon coa 9ª edición do "DÚATLON CROS CONCELLO DE POIO". Esta tradicional cita deportiva, organizada polo Clube Ciclismo Tríatlon Monte Abaixo de Samieira xunto con Lodeco S.L.U. e a Federación Galega de Tríatlon, arrincará ás 11:00 horas do campo de fútbol de Río de Bois.

A proba, que reune cada ano a multitude de afeccionados/as e profesionais desta modalidade deportiva, é puntuable para o circuíto galego da especialidade, un campionato que este 2015 levou a centos de deportistas por Beariz e Maside e que celebrará en Samieira o seu peche e resolución decisiva.

Detalles e especificacións da proba




As CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO do "IX Dúatlon Cros Concello de Poio" son as seguintes:
  1. O primeiro sector constará dunha carreira a pé de 6.000 metros, que incluirá 2 voltas a un circuíto de 3.000 metros de dificultade media.
  2. O segundo sector constará dun circuíto ciclista de 19.500 metros: 3 voltas cunha lonxitude de 6.500 metros, sendo 3.000 metros por pistas forestais e 3.500 metros por carreiros máis técnicos.
  3. O terceiro sector constará dunha carreira a pé de 3.000 metros, na que se bordeará o circuíto do primeiro sector.


HORARIO:
  1. De 09.30 a 10.30 horas poderán recollerse os dorsais na carpa da organización, no campo de fútbol de Samieira.
  2. De 10.00 a 10.45 horas procederase ao control do material.
  3. Ás 10.30 horas realizarase unha reunión técnica.
  4. Ás 11.00 horas dará comezo a carreira. 

Os/as participantes poderán competir nas seguintes CATEGORÍAS masculinas e femininas:
  1. Junior.
  2. Absoluta.
  3. Veterana.
Marcos Mayo, gañador da 8ª edición na categoría absoluta masculina | Fotografía: Diego Torrado

As INSCRICIÓNS poderanse realizarse até o martes 17 de febreiro a través da web da Federación Galega de Tríatlon, www.fegatri.org, no apartado de Competicións/Incricións. O prezo son 10€.

A competición réxese polo Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Tríatlon: Regulamento IX Dúatlon Cros Concello de Poio - Circuíto Galego 2015



MÁIS INFORMACIÓN:
FEDERACIÓN GALEGA DE TRIATLON e LODECO S.L.U.
Web: www.fegatri.org
Correo electrónico: lodeco@lodeco.es
Tfnos. Contacto: 600 433 203 - 982 251 345
C.T. MONTE ABAIXO
Tfnos. Contacto: 686 585 307-65
Correo electrónico: ctmonteabaixo@live.com
Facebook: http://facebook.com/c.t.monteabaixo.samieirapoio

0 comentarios: